XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES (06/decembro/2017)

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

XVIII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES

Mércores 6 de decembro de 2017

Praza do Coche de Pedra (Pontecesures)

A partir das 11:30 horas

O Concello de Pontecesures organiza a XVIII edición da súa carreira popular o mércores 6 de decembro de 2017 a partir das 11:30 horas.

Como novidade, este ano a proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo

A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.

A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite o luns 4 de decembro ás 22 horas.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)

Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da xeral (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría pitufo onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures  [no día da proba â??mércores 6 de decembro de 2017–  de 9.00 a 11.15 horas], a carón da saída das probas.

A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.

REGULAMENTO DA PROBA

ENLACE DA NOVA NA WEB MUNICIPAL PARA DESCARGAR OS TRACKS DO PERCORRIDO DA PROBA ABSOLUTA EN FORMATOS kmz E kml (Google Earth).

NOVO PERCORRIDO DA PROBA ABSOLUTA (app. WIKILOC)

INSCRICIÃ?N ENLACE DA FEDERACIÃ?N GALEGA DE ATLETISMO


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.