O alumeado da ponte interprovincial vai ser arranxado en breve.

Publicado por Redacción en

Sen tempo non é. O alumeado da ponte intreprovincial sobre o río Ulla (estrada N-550) leva moito tempo en estado lamentable. Cada vez máis luminarias afundidas, accendendo a destempo, con elementos caidos sobre a propia ponte, etc.. isto, sobre todo agora no inverno, tradúcese nun perigo evidente para vehículos e péons. Agora, ao parecer antes de fin de ano, a Demarcación de Estradas do Estado en Galicia vai acometer a renovación das luminarias instalando tecnoloxía LED.
Logo do repintado da sinalización horizontal da nacional levada a cabo hai pouco que mellora a seguridade vial esta actuación no alumeado da ponte considérase inaprazable.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.