Duras críticas do BNG de Pontecesures en relación coa programación do Nadal.

Publicado por Redacción en

Coa atípica celebración do patrón de Cesures, San Xulián, poñemos hoxe fin á programación navideña no noso concello

Dicimos poñer fin e programación por dicir algo, xa que, como é habitual dende que o señor Seage máis o seu equipo de goberno rexen o devir de Pontecesures, as actividades que se viñan celebrando nos últimos anos (talleres, cine, teatro, especialmente para entreter ós máis pequenos durante o período non lectivo) deixaron de realizarse sen que fosen remplazadas por outras novas.

Comezou o señor Seage a campaña navideña co tradicional pincho que se celebra cos traballadores do Concello, convidando á oposición, mediante chamada telefónica, unha hora antes de celebrarse o ágape. Rematou coa excepcional cabalgata de reis, superando o esperpento do ano pasado, dando por finiquitada a visita dos reis magos ás sete menos cuarto da tarde, nunha das cabalgatas con menos afluencia de xente que se recorda. En hora e cuarto, asunto zanxado e cada un a súa casa; así se fomenta e promociona o comercio e a hostelería no noso pobo, así se traballa para convertir a Cesures nun pobo pantasma.

Os nosos parabéns ó señor Cadilla, concelleiro de Cultura polo completo programa de actividades lúdicas desenvolto durante o Nadal; os nosos parabéns o señor Francisco García Sobrino, concelleiro de Comercio e Hostelería, pola inxente labor que está a realizar a favor do comercio local e da hostelería, especialmente durante a campaña navideña e, particularmente, co traslado do mercado (menguante) mensual á lameira do muelle. Eso sí, a praza de abastos, quedou moi ben pintanda; agora só falta que entre a xente a mercar nela�.
Pero, sobre todo, os nosos parabéns ó señor Seage por capitanear a este equipo de #xentecapacitada que tanto prometía cando estaba na oposición criticando a xestión do anterior equipo de goberno e, agora, non son capaces nin de elaborar esa programación navideña que fai un par de anos tanto denostaban.

BNG Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.