Os socialistas foron convocados para outra hora e piden desculpas por chegar tarde á misa do Patrón.

Publicado por Redacción en

Os concelleiros socialistas de Pontecesures, queremos disculparnos por chegar tarde á misa solemne celebrada hoxe na Igrexa parroquial con motivo da festa de San Xulián, patrono de Pontecesures. Dificilmente podiamos chegar a punto, cando na notificación enviada polo Concello figuran a 12:30 h como hora de inicio, e en realidade foi ás 11:30 h.
Unha celebración, a de San Xulian, moi deslucida. Nin pasarrúas. nin actos festivos. Por certo, non se recorda un ano na que a procesión do patrón non tivese acompañamento musical.
Un erro máis desta corporación que menosprecia as actividades culturais e sociais do noso pobo e vulnera as mínimas normas de cortesía política.

Socialistas de Pontecesures.


1 comentario

Penco · 10-01-2018 a las 12:26

Mima… Qué desfeita de goberno…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.