A voltas coa programación de Nadal con criticas tamén dos socialistas.

Publicado por Redacción en

Parecía imposible organizar as festas do Nadal deste ano peor que as do ano pasado, pero unha vez máis, o goberno municipal de Pontecesures volveunos sorprender. Mal empezaron cando nin siquera foron quen de distribuir un folleto coa programación entre os rapaces e rapazas do colexio â??un sinal inequívoco da súa improvisaciónâ??.
O resumo deste Nadal foi unha serie de actos feitos sin interese nin ilusión, levados a cabo porque hai que facelos: a visita de Papa Noel limitouse á Plazuela, sin o habitual percorrido polo concello; a cabalgata de Reis foi a que menos público congregou en anos (e a máis rápida); non houbo outras actividades destinadas aos nenos, como o cine infantil; non se levou a cabo o belén vivinte na Plazuela nin se celebrou ningún encontro de corais coma nos últimos anos; tampouco se organizaron accións desde o concello para promover o comercio e a hostalería locais…
Só merecen o noso recoñecemento os veciños e veciñas que adicaron parte do seu tempo a decorar as rúas do Concello, para lembrarnos que, a pesar do desinterese do goberno municipal, en Pontecesures tamén houbo Nadal.

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.