Roubo nunha vivenda da rúa Ullán.

Publicado por Redacción en

A semana pasada na rúa Ullán nº 52 (xa na parte alta de Infesta), sobre o mediodía, unha muller con acento extranxeiro entrou, a través do cuberto, nunha vivenda e levouse xoias e cartos a pesar da presenza de persoas moi maiores no inmoble. Tentou despois a mesma persoa entrar na vivenda colindante pero cando estaba no patio a titular preguntoulle que facía alí, respostando a muller que estaba a pedir para manter tres fillos. Deste xeito marchouse e ao parecer entrou nun vehículo no que alguén a estaba esperando. Foi presentada a denuncia diante da Garda Civil de Valga que instrúe dilixencias.

Hai que ter moitas precaucións para evitar este tipo de accións que parece que están a repetirse noutras zonas do municipio.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.