O goberno de Valga lémbralle a Villares que xa non exerce de xuíz.

Publicado por Redacción en

– Os responsables do Concello reiteran que ??as próximas explicacións daranse ante un xulgado apolítico?

– Pídenlle ao líder nacionalista que ??non vaia de salvador? porque ??os veciños de Valga saben perfectamente cal é a realidade deste municipio e respaldan o traballo deste goberno?

O goberno de Valga lémbralle ao señor Luís Villares que ??xa non exerce como xuíz? e que será un tribunal ??non político? o que sentencie sobre as difamacións vertidas contra os responsables e traballadores municipais. ??O señor Villares debe mentalizarse xa de que agora é político e non maxistrado. Que non sentencie porque será un xulgado apolítico o que dictamine. Este goberno respondeu a todas e cada unha das preguntas que se lle fixeron, deu explicacións a todas as súas inxurias e as próximas daráas nun xulgado, que é onde corresponde?, remarca o goberno local. ??Os que deben contestar ás preguntas que plantexou este equipo de goberno son o señor Villares e os seus socios de tripartito?.

Os responsables municipais pídenlle, ademais, que ??non vaia de salvador? porque ??os veciños de Valga saben perfectamente o que pasa neste Concello e cal é a súa realidade, non vai a explicarlla el. Coñecen o traballo que se realiza día a día para mellorar o municipio e o benestar dos seus habitantes, e iso é o que lle molesta ao señor Villares e aos seus acólitos. Como as cousas se fan ben e os veciños respaldan o traballo realizado, non lles queda outra que recurrir á calumnia e embarrar?.

Neste sentido, o goberno quere deixar claro que ??non imos meternos nese barro, temos cousas máis importantes que facer como, por exemplo, xestionar este Concello o mellor posible de acordo co desexo expresado polos veciños nas urnas. Somos xestores e non temos tempo de meternos na pista de barro na que o señor Villares quere converter a política. O demais farase ante o xulgado, polo que será o último comunicado que fagamos contestando ao señor Villares?.

O que queda claro, a xuízo do goberno local, é ??a pouca confianza que ten o señor Villares en conseguir convencer aos veciños de Valga onde corresponde, nunhas eleccións, e o pouco que valora aos responsables locais da Marea cando el, que xoga en Primeira División e aspira a ser presidente da Xunta, ten que baixar á categoría rexional a dar patadas?.

Página do Concello de Valga


1 comentario

Ay... · 27-01-2018 a las 23:11

«cando el, que xoga en Primeira División e aspira a ser presidente da Xunta, ten que baixar á categoría rexional a dar patadas»

Non se pode ser máis soberbio que Maneiro, increible. E inda teñen máis que dicir.

Intentar desacreditar ao mensaxeiro é moi triste, pero xa non enganan a ninguén. Pp fóra.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.