O CONCELLO DE PONTECESURES NA PROCURA DE SOLUCIÃ?NS PARA OS RECARGOS NOS RECIBOS DO ORAL.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O ORAL (Organismo de Xestión Catastral e Tributaria da Deputación de Pontevedra) está a remitir aos nosos veciños uns recibos con recargos por impago.

Este recargo débese a que o ORAL está a dividir o recibo de TAXAS E PREZOS P�BLICOS (que inclúe entre outros importes o cobro de lixo e o sumidoiro) deixando sen notificar un dos dous recibos e quedando polo tanto o outro pendente de pago ante o descoñecemento dos veciños.

Dende o Concello se está a traballar para atallar este problema para que o ORAL, se é posible, devolva o importe cobrado indebidamente por recargo.

ROGAMOS A TODOS OS VECIÃ?OS,

Que acudan ao Concello co seu recibo con recargo, para remitilo ao ORAL e identificar ós veciños ós que se lles aplicou un recargo nas súas taxas, e tratar de recuperar os cargos indebidos.

Rogamos desculpen os problemas ocasionados e agradecemos anticipadamente a colaboración de todos.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.