Os socialistas de Pontecesures critican o pleno urxente do pasado mércores.

Publicado por Redacción en

Máis do mesmo
Os concelleiros de Pontecesures fomos convocados onte para un pleno urxente hoxe, ás 10 da mañán�Máis alá do motivo da convocatoria, preguntámonos, era necesaria a urxencia?
A razón era aprobar polo pleno a solicitude duha subvención para a mellora do alumeado público de Pontecesures, algo co que estamos completamente A FAVOR, xaquelogo, pleno tras pleno, estamos a reclamar ao goberno local solucións as deficiciencias e avarías que constantemente se están a producir.
O que custa entender e NON APROBAMOS é que se convoque para hoxe este pleno con carácter urxente, o último día efectivo para acadar a subvención, cando leva convocada fai caseque un ano, cando houbo tempo dabondo para correxir erros e deficiencias, cando fai apenas unha semana houbo un pleno ordinario onde podía ser aprobada�
Máis do mesmo: desinterese, apatía, desidia�

Socialistas de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.