Falece un home nunha colisión na N-550, á altura de Padrón.

Publicado por Redacción en

Un home, de 42 anos e con iniciais J.L.B., morreu e dúas mulleres, O.S.M. de 32 anos e M.O.P., de 47, resultaron feridas, tras producirse un choque entre dous turismos na N-550, ao seu paso pola localidade coruñesa de Padrón, segundo informa o 061.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 5.30 horas de este xoves entre A Escravitude e A Picaraña. Como consecuencia do impacto, foi necesaria a intervención dos bombeiros de Boiro e dos membros do GES de Padrón para liberar ás vitimas e facilitar a súa atención.

As dúas feridas, que viaxaban no outro vehículo, foron atendidas polo 061-Urxencias Sanitarias, das cales a condutora atópase en estado grave. Non obstante, os servicios de emerxencia non puideron facer nada por salvarlle a vida á víctima mortal.

Diario de Pontevedra


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.