A Nestlé en Pontecesures é a única que elabora leite condensado en Europa.

Publicado por Redacción en

Falámoslles agora dun tema con dozura. Entramos na factoría que Nestlé ten en Pontecesures. ? a única da multinacional que elabora leite condensado na área de Europa, norte de África e Oriente Medio. Desde as súas instalacións exportan a todo o mundo este produto, elaborado con leite galego.

A historia da factoría de Nestlé en Pontecesures remóntase ao ano 1939. Practicamente desde os seus inicios especializouse dentro da empresa na elaboración de leite condensado. Hoxe transforma unhas 47.000 toneladas anuais dese produto, sendo desde 2012 a única factoría da multinacional suíza que o fai na área de Europa, norte de África e Oriente Medio.

Precisamente as exportacións cara aos países da ribeira do Golfo Pérsico iniciáronse o ano pasado, abrindo un novo mercado. Para a elaboración do leite condensado, Nestlé conta con 157 explotacións gandeiras galegas, que teñen os certificados de calidade da multinacional e que achegan unhas 110.000 toneladas de produto fresco. A conselleira do Medio Rural sinalou esta factoría como un modelo de competitividade e compromiso con Galicia.

Nestas instalacións de Pontecesures traballan unhas 170 persoas.

CRTVG

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.