Axudas urxentes de tipo social para evitar cortes de subministro eléctrico a consumidores vulnerables.
Concepto: |
Axudas urxentes de tipo social (AUXS) da ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria para o pagamento da factura eléctrica ás persoas que teñan recoñecida a condición de consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar o acceso continuado á subministración de enerxÃa eléctrica (IN414D)
Requisitos: |
- Ter a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social consonte ao artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxÃa eléctrica, cos lÃmites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais
- Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ser o titular do contrato de subministración eléctrica e que a vivenda sexa a habitual
- Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os lÃmites de renda establecidos.
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
ContÃa das axudas: |
Os gastos subvencionables serán o 50 % do importe das facturas  que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e emitidas antes do 15 de decembro de 2018.
A contÃa da subvención será unha cantidade fixa máxima por solicitante de 250 â?¬/ano, ou de 400 â?¬/ano no caso de familias numerosas, que se irá pagando segundo a comercializadora remita as correspondentes facturas á Dirección Xeral de EnerxÃa e Minas.
Solicitudes e Documentación: |
As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal , ou ben desde a ligazón https://axudascortes-subministracion.xunta.gal.
Unha vez validada a solicitude e sempre e cando existan fondos dispoñibles, a aplicación informática reflectirá o estado de «Reservada», e disporán dun prazo máximo de cinco (5) dÃas hábiles para a súa presentación. De non presentarse no referido prazo, cancelaranse na aplicación informática e anularase a reserva de fondos.
A persoa interesada poderá autorizar expresamente os empregados públicos da ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria ou os/as traballadores/as sociais de referencia para a presentación electrónica da solicitude e da demais documentación que se debe achegar con ela.
Documentación:
- a) Documento acreditativo de ser beneficiario do bono social para consumidor vulnerable severo (copia dunha factura en que figure aplicado o desconto do 40 % do bono social).
- b) Certificado ou informe social emitido polos servizos sociais sobre risco de exclusión social (anexo IV).
- c) De ser o caso, tÃtulo de familia numerosa
- d) De ser o caso, autorización para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo III). Neste caso deberá presentarse tamén o anexo II asinado polo solicitante.
Prazo de Solicitude: |
O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 15 de decembro.
Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse á xefatura territorial da ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria, á Dirección Xeral de EnerxÃa e Minas ou ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13:30 horas.
1 comentario
Ã? · 5-07-2018 a las 11:09
«No me des peces, enseñame a pescar»
Que a algún dáslle un xurelo hoxe e mañán pÃdeche rodaballo…