OBRA DE MELLORA DO CAMI?O TOXA ?? CARREIRAS

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O pasado 1 de agosto de 2018, a Xunta de Goberno Local adxudicou a ??Obra  de mellora do Camiño Toxa-Carreiras? á empresa Construcciones y Canalizaciones Salnés S.L. (CCS) por un importe de 27.092,67? máis 5.689,46E de IVE o que fai un total de 32.782,13? dos que a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do ??Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018? aporta 25.290,35? e o Concello 7.491,78?. A aportación do Concello faise con cargo á baixa da adxudicación dunha obra do Plan Concellos 2016 da Deputación de Pontevedra.

A actuación consistirá en demoler o actual pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado con bordos tranversais de formigón envellecido. O formigón será coloreado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

Será preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga que contarán con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.

Ademais da pavimentación, prevese a instalación dun sistema de evacuación das pluviais, que actualmente provocan problemas de empozamentos en varios puntos.

Esta obra é continuación da que se fixo na Toxa o ano pasado e resalta o criterio deste equipo de goberno de obtar por este pavimento xa que é o que ten establecido como criterio de pavimentación das zonas de tráfico mixto en plataforma única, de maneira que se cambien os pavimentos antigos de asfalto e formigón en masa (previstos e percibidos como pavimentos para os vehículos) por un pavimento adaptado á preferencia peonil.

. As obras rematarán esta semana.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.