O CONCELLO DE PONTECESURES BUSCA SOLUCIÓNS PARA RESOLVER A SITUACIÓN DE DETERIORO DO PASO PEONIL ELEVADO SOBRE A ESTRADA N-550.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Alcalde de Pontecesures mantivo unha xuntanza co vixiante da Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra, dependente do Ministerio de Fomento, para trasladarlle a necesidade de melloras na pasarela que atravesa a estrada N-550 ao seu paso polo pobo e que precisa dunha reforma estructural de certa entidade.

O rexidor trasladoulle ao ministerio a necesidade de melloras consistentes en reparacións tanto dos encofrados como dos pilares que a sosteñen nos que xa se aprecian sinais evidentes de deterioro e de oxidación dos forxados da estructura.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.