REMATE DA OBRA DE MELLORA DO CAMIÑO TOXA – CARREIRAS

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A obra foi executada pola empresa C”analizaciones y Construcciones Salnes SL” por un importe de 32.782,13€ dos que 30.033,55€ foron aportados pola Deputación de Pontevedra con cargo ás baixas de dúas obras do Plan Concellos (P.O.S.) 2016 e 2.748,58€ con cargo a fondos propios do Concello de Pontecesures.

A actuación consistiu en demoler o anterior pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.

O novo pavimento foi confinado con bordos transversais de formigón envellecido, separados entre sí unha distancia media de 6,5 metros.

Tamén foi preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga. Estas arquetas contaron con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.


1 comentario

Un Veciño · 9-11-2018 a las 12:22

A ver cando lles toca a outras rúas tamen.
No Rial leva a acera fundida e as vallas de obra (tiradas polo temporal, por certo), 2 ou 3 anos.
Non teñen os vecinos a sorte que tiveron os da avda de Vigo, será que non se ve tanto…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.