INICIO DAS OBRAS DE REPARACION DA PASARELA PEATONAL SOBRE A N550.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Logo da reunión mantida entre o Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, co vixiante da Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra o pasado mes de outubro, hoxe deron comenzo as obras de mellora e reforma da deteriorada estructura da pasarela sobre a N550 que comunica o centro urbán do concello coa zona donde se encontra o pavillon, colexio CPI e gardería municipal.
 
AS obras están sendo realizadas pola empresa cesureña Construcciones Caamaño e consisten nun primeiro momento en labores de chorreo da estructrura para, unha vez que mellores as condicions climatalóxicas , proceder ó saneado da estructura e proxectar novo formigón.
 
Lembrar que é unha estructura fundamental e que diariamente se transita por centos de alumnos e veciños que sortean de este xeito unha transitada estrada N550.

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.