Unha charla sobre estafas en Internet, en Valga.

Publicado por Redacción en

O vindeiro martes 29, desde as 10.30 horas, na Aula CeMIT da localidade do Baixo Ulla.

Martes 29 • 10.30 horas • Aula CeMIT Valga • A Aula CeMIT de Valga impartirá o vindeiro martes o seminario web «Estafas en internet. Están os teus dispositivos protexidos?». Nel abordaranse algúns dos riscos de internet, que é unha fonte inesgotable de información, ocio ou cultura, pero tamén dá acceso a todo tipo de páxinas web ilícitas cuxo fin é que sexamos vítimas dalgún tipo de estafa ou que os nosos dispositivos se infecten con programas malintencionados. Os contidos do seminario son: principais riscos en Internet, como se infectan os nosos dispositivos, medidas de protección para os nosos dispositivos e tipos de estafas en Internet e como evitalas, segundo informa o Concello.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.