A Casa de Rosalía de Castro estrea a peza musical «Caldo de groria»,

Publicado por Redacción en

A Casa de Rosalía de Castro, en A Matanza, no concello de Padrón, acolleu a estrea da peza musical Caldo de groria, creada por Loliña Mosquera, viuda de Cerqueiras e filla de Xosé Mosquera, o principal impulsor intelectual da adquisición da casa. A peza, arranxada polo mestre Braulio Cao Ledo para coro e banda, é unha versión musicada do poema de Rosalía Miña casiña, meu lar, que onte foi interpretada por primeira vez pola Banda de Música de Padrón e a Coral Polifónica Padronesa.

Foi a propia Loliña Mosquera quen fixo chegar a súa partitura manuscrita ao director da Banda de Música de Padrón, Braulio Cao, co encargo de que ofrecera a melodía a todos os padroneses. Despois dun intenso traballo, Cao desenvolveu e adaptou a partitura, pero tamén a simplificou nalgúns aspectos, pois o seu arranxo foi concebido dende a orixe para ser cantado polo pobo de Padrón e por todos os galegos. E onte soou o Caldo de groria na Casa de Rosalía, onde hoxe tamén se degustará, cociñado pola escritora Ledicia Costas no que é a última actividade de conmemoración do Día de Rosalía.

La Voz de Galicia


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.