Portos destinará 100.000 euros a construír un pantalán de pasaxe en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

 Portos de Galicia investirá preto de 100 mil euros na construción dun pantalán de pasaxe en Pontecesures. A obra atópase en tramitación ambiental previa á saída a licitación, e contempla tamén a ampliación do pantalán da escola de vela da vila.

Portos de Galicia construirá un novo pantalán de pasaxe no porto de Pontecesures. O ente autonómico destinará preto de 100 mil euros a esta intervención, que suporá tamén a ampliación do actual pantalán da escola de vela.

O pantalán terá acceso na rampla de descarga fronte á praza de abastos, e contará cunha porta metálica, a pasarela de 16 metros e dous metros de paso. Dende Portos destacaron a importancia deste equipamento; máis aínda ás portas do Xacobeo 2021.

Hai tempo que o concello demanda esta intervención, que mellorará o servizo que ofrece o porto cesureño ao tráfico de pasaxeiros.

Na actualidade, a obra atópase na fase de tramitación ambiental. Trátase do paso previo á súa saída a licitación. A intención dende Portos é axilizar os prazos o máximo posible.

Canal 7 Rías Baixas


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.