Comunicado do Goberno Municipal de Pontecesures ante a morte por violencia de xénero no veciño Concello de Valga.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Goberno Municipal manifesta a súa repulsa máis enérxica ante o evidente caso de violencia de xénero no veciño Concello de Valga, que rematou coa vida da súa veciña María Jesús Aboy.

A  violencia de xénero baseada na situación de dominación por parte dos maltratadores supón unha lacra que debe ser erradicada co concurso de toda a sociedade, que deberá traballar cordinadamente para que as novas xeración herden un entorno libre de toda violencia, en especial, do covarde e execrable asasinato de mulleres.

Dende este Goberno Municipal de Pontecesures queremos trasladar o pésame e as condolencias á familia e amizades da familia, e así como a veciñanza do Concello de Valga.

Reiteramos a nosa axuda e solidariedade a todas as vítimas da violencia de xénero e poñemos a súa disposición todos os recursos do noso municipio.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.