CAMPAMENTOS DE VERÁN, DEPOAVENTURA A LANZADA 2019.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Infórmase á veciñanza que a Deputación Provincial de Pontevedra, abriu o prazo de presentación de solicitudes de praza no Programa DEPOAVENTURA A LANZADA dirixido a nenas e nenos con nacemento nos anos 2006 a 2011, destinando 20 prazas ao Concello de Pontecesures. As solicitudes presentaranse ata o 28 de marzo na Deputación Provincial.

11 QUENDAS de 7 días de duración:

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 7 de setembro de 2019. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha, nas seguintes datas: 1ª do 23 ao 29 de xuño, 2ª do 30 de xuño ao 6 de xullo; 3ª do 7 ao 13 de xullo; 4ª do 14 ao 20 de xullo; 5ª do 21 ao 27 de xullo; 6ª do 28 de xullo ao 3 de agosto; 7ª do 4 ao 10 de agosto; 8ª do 11 ao 17 de agosto; 9ª do 18 ao 24 de agosto; 10ª do 25 ao 31 de agosto e 11ª do 1 ao 7 de setembro.

Custo:

  • Custo xeral da praza é de 100 euros por menor. As familias numerosas con acreditación terán un desconto do 20% (achega de 80€/praza).
  • Existen 4 prazas gratuítas para familias en situación de vulnerabilidade social (procedemento específico).

Presentación de solicitudes:

As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse preferentemente de forma electrónica:

A.—Presentación de solicitudes mediante formulario web a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), cubrir os datos solicitados na páxina web, correspondentes ao modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar e descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición e debe presentarse no Rexistro da Deputación acompañado da documentación inicial. Deberá indicarse a pertenza a Familia Numerosa e, no seu caso a solicitude de praza por procedemento específico.

B.— É posible a presentación de solicitudes mediante formulario impreso o cal estará dispoñible nas Oficinas de Atención á cidadanía da Deputación.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e venres de 9 a 14 horas.



0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.