CAMBIOS NOS CONVENIOS ESPECIAIS NO SISTEMA DA SEGURIDADE DE SOCIAL DAS PERSOAS COIDADORAS NON PROFESIONAIS DE PERSOAS CON DEPENDENCIA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

CONCELLO DE PONTECESURES

Informase á veciñanza e, en particular ás persoas coidadoras de persoas dependentes con Libranza para os coidados que desde o 1 de abril de 2019 recuperouse o financiamento por parte da Administración Xeral do Estado das cotas á Seguridade Social derivadas dos convenios especiais que poidan subscribir as persoas coidadoras non profesionais das persoas en situación de dependencia Pódese solicitar nun prazo de 90 días desde esa data, ou se a libranza se recoñece con posterioridade, nun prazo de 90 días tras o recoñecemento da mesma; fóra dese prazo, os efectos do convenio estenderanse desde a data de solicitude do mesmo.

As solicitudes presentaranse no INSS cumprimentando o modelo TA0040 Solicitude de Alta/ Baja/ Variación de datos/ Suspensión / Reanudación / Extensión de Convenio Especial, xunto coa seguinte documentación:

• Resolución da prestación económica de dependencia.

• DNI da persoa en situación de dependencia.

• DNI da persoa coidadora non profesional.

(A base de cotización será o tope mínimo que en cada momento este establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social. No caso de que o tempo de coidados non acade a dedicación completa a base de cotización reducirase proporcionalmente, sen que poida ser inferior ao 50% do tope mínimo establecido. Establécese unha excepción no caso de persoas que interromperan unha actividade por conta allea ou por conta propia para adicarse aos coidados da persoa en situación de dependencia. Neste caso poderá manterse a base de cotización do último exercicio en dita actividade, sempre que sexa superior ao tope mínimo da Seguridade Social, sendo ao seu cargo o custe do incremento de cotización (Art. 4.2 do R.D 615/2006)

Pódese consultar máis información no seguinte enderezo:

http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/Afiliacion/10547/10555/51635

Para máis Información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e venres de 9 a 14 horas; no teléfono 986564409 ou no correo-e ssociais@pontecesures.org

http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/Afiliacion/10547/10555/51635
Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.