Manuel Castiñeiras: «O noso equipo está formado por xente libre e sen medos porque o medo acabouse en Valga».

Publicado por Redacción en

A irrupción de Valga Viva con Castiñeiras como cabeza de lista é un contrapunto aos comicios locais que levan anos sendo cousa de dous. Castiñeiras sinala que a formación nace coa idea de «poder cambiar as malas prácticas que ata o de agora se veñen exercendo dende o Concello por parte do goberno, que era considerado intocable a todos os niveis sen respectar a xustiza social». Aseguran que teñen gañas e ilusión e advirtre sobre o actual rexedor do PP, Bello Maneiro, que «non queremos ter unha persoa anclada no poder que tivo a política como profesión e que lle permitiu acadar unha xubilación de 2.500 euros».

Valga Viva preséntase coa premisa da «transparencia» e coa intención de dotar ao Concello dun Portal no que figuren os salarios públicos ou cuestións como «a viaxe a Estonia do alcalde e una concelleira en dúas ocasións, e que a día de hoxe non se coñece en concreto cal é o proxecto, que ten que ser de coñecemento público porque se paga con cartos de todos».

Incide que o seu equipo está «formado por xente libre e sen medos» e manifesta que «aquí hai unha lenda que está no aire, que saiu precisamente do grupo popular de que o empresariado non apoia as listas que non sexan do PP, unha nova mentira porque a categoría de empresarios de Valga, está por riba das cores políticas»

Diario de Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.