NOTA DO GRUPO DE GOBERNO DO CONCELLO DE PONTECESURES EN RELACIÓN ÁS FESTAS DO SAN ROQUE DE PORTO.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

En relación coa nota publicada en diferentes redes sociais relativa á actuación do equipo de gobernó deste concello sobre a falta de colaboración coa comisión de festas de San Roque de Porto, fanse as seguintes consideracións:

1.- Autoría.

Este equipo de goberno cuestiona a autencidade do comunicado sen máis aval que un mero perfil de Facebook, cuestionándose por tanto que dito escrito reflicta o sentir xeral de toda a comisión de festas de San Roque de Porto.

En relación a esta cuestión o equipo de goberno convida ós autores a que participen diante deste órgano o seu malestar, co único obxecto de atopar solución as súas inquedanzas.

2.- Contido.

Na poxa de ramos da última festa de San Roque públicamente se fixo constar que a comisión de festas non continuaría coa organización da festa un ano máis, invitando ós veciños ou a un  novo equipo a facelo.

Entendemos pois que esta nota está fora de lugar e tempo e fainos pensar que se trata dunha maniobra con un marcado sesgo político.

3.- Non é certo que:

O actual equipo de goberno non teña apoiado a realización e promoción da festa, tampouco é certo que osbstaculice e impida ou interfira na celebración da mesma.

O equipo de goberno cíñese exclusivamente a esixir a documentación que por lei corresponde.

Este equipo de goberno valora positivamente a labor realizada pola comisión de festas de San Roque de Porto ao longo de tantos anos; non obstante a normativa esixe unha serie de requisitos que se teñen que cumprir en canto a ocupacións de vía pública e seguridade do evento, cuestións éstas que non poden quedar en mans dunha comisión senón que deben ser tuteladas dende a Administración Local.

Cuestionado o medio que con tanta frecuencia se ven empregando últimamente  por parte de diversos colectivos para facer chegar suxerencias ou críticas a este equipo de goberno, decir que dende este equipo de goberno sempre estaremos abertos a contactos coa comisión de festas como se fai co resto de comisións que organizan festas en Pontecesures a fin de achegar posturas dun xeito cordial e respetuoso como foi norma ata o de agora.

Ó entender de este equipo de goberno as manifestacións vertidas nas redes sociais sobre a problemática que orixina este desencontro ten máis que ver coa colocación das barras de bebidas e as solicitudes que reiteradamente ser viñan prohibindo. Este ano se permitiron novas ocupacións para ese fin co conseguinte remate do “monopolio” por parte dalgún hosteleiro membro da comisión. Esta colocación das novas barras de bebidas fíxose con tódalas garantías e permisos legalmente esixibles.

Sendo conscientes de que a colaboración prestada polo Concello é a mesma e na mesma medida durante estos últimos anos de goberno, invitamos a que se contraste esta queixa e se verifique e informe de cales son as trabas que sufren e os impedimentos que se lle poñen para o bo fin da festa.

Dende este Equipo de Goberno estamos sempre abertos ó diálogo e ó achegamento de posturas, pero sempre dun xeito dialogante e sereno, e non con publicacións que xeneren  desconfianza e confusión entre veciños e visitantes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.