OS TRABALLADORES DO CONCELLO DE PONTECESURES DENUNCIAN O INCUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS EN MARZO POLO ALCALDE PARA PRESENTAR A RPT

Publicado por Redacción en

Despois dos incumprimentos reiterados por parte do alcalde o longo destes últimos anos o pasado mes de xaneiro os traballadores/as fixemos unha serie de mobilizacións acadar unha resposta á negociación dunha Relación de Postos de Traballo (RPT) obrigatoria nas administraciópns públicas, documento onde se recolle a organización, funcións e salarios do persoal municipal.

Despois desas mobilizacións acadarase unha convocatoria dunha mesa de negozación na que o alacalde se comprometeu por escrito asinado o 20 de febreiro a contratar a unha empresa para elaborar unha RPT (que así fixo, cun custo de 15.000 € para o concello); e presentar un borrador desa RPT para negociar, o 15 de abril.

Para que a veciñanza poida comprobar a veracidade do que estamos relatando publicamos a continuación dito compromiso asinado polo alcalde.

Acadado este compromiso, os traballadores/as suspendemos as mobilizacións aceptando unha prórroga ate o 30 de abril para a entrega do borrador da RPT.

Pois ben, o alcalde imcumpriu o asinado cos representanmtes dos traballadores/as e posto que a mediados de maio segue sen presentarnos nada, esta semana acordamos proseguir coas mobilizacións demandando algo que é xusto ademais de legal.

Maña venres ás 12 h. do mediodía concentrarémonos na Plazuela invitando á poboación que nos acompañe nesta demanda, xa que a falta de organización e as nosas condicións laborais lles afecta directamente.


Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.