MAÑÁ AS 12 H. NOVA CONCENTRACIÓN DO PERSONAL DO CONCELLO RECLAMANDO A RPT.

Publicado por Redacción en

O  persoal do Concello de Pontecesures concéntrase mañá as 12 h. diante da casa do concello en demanda cumprimento da legalidade e da aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT), e ante o non cumprimento no calendario de negociación.

Na concentración deste pasado luns acordamos reunirnos diante do concello os luns e venres ate o día 14 de xuño, e o sábado 15 de xuño acudir ó pleno de investidura para visualizar as nosas reivindicacións, que esperamos, sexan atendidas tal e coma establece a Lei

As e os delegados sindicais.

Raquel López Doce – Delegada CIG do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Luz Mª Freiría Caldelas – Delegada UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

José Rodriguez Fructuoso – Delegado UXT do persoal laboral do concello de Pontecesures.

Ricardo Campos Saborido – Delegado CCOO persoal funcionario do concello de Pontecesures.

Pontecesures, 30 de maio de 2019.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.