CAMPAMENTO DE VERÁN 2019: Convocatoria das quendas do mes de agosto.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Logo de rematado o 1º prazo de inscrición e tendo xa pechadas as dúas quendas do mes de xullo, ábrese o prazo de inscrición para as quendas do mes de agosto que será do 1 ao 23 de xullo. Tendo en conta o seguinte:

  1. Tódolos nenos e nenas (tanto empadroados/as como os/as que non) que xa fixeron inscrición para quendas de agosto no 1º prazo (do 19 ata o 27 de xullo) non teñen que volver a facela.
  2. Actualmente hai 30 inscritos para a 3ª quenda (1-15 agosto) e 36 para a 4ª quenda (16-31 agosto), polo que faranse novas inscricións ata completar o máximo de prazas (60).
  3. Ao igual que no 1º prazo terán prioridade as nenas e nenos empadroad@s(1) en Pontecesures.
  4. (1) A condición de empadroamento deberá ser anterior ao 19 de xuño de 2019 (data de inicio do 1º prazo de inscrición).

Non será necesario aportar certificado de empadroamento (comprobarase internamente no padrón municipal de habitantes).

FORMALIZACIÓN DA SOLICITUDE. A petición de admisión no servizo realizarase cubrindo a ficha de inscrición e aportando a documentación que se require en dita solicitude que poderán recoller nas dependencias do Concello de Pontecesures sita na Av. de Vigo, 2 – Pontecesures, tfno. 986 564 410 en horario de 9 a 14h.

FORMA DE PAGO (Nen@s non empadroad@s da lista de espera).  Farase unha vez finalizado o prazo de inscrición, cando se conceda a praza definitivamente. O pago realizarase por transferencia ou ingreso no número de conta que se indicará no momento da concesión da praza, especificando o nome do usuario e a quenda na que participa. Deberase entregar o resgardo do ingreso para adxuntarllo a folla de inscrición. 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.