OBRAS DE MELLORA NAS INSTALACIÓNS DO CPI DE PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, e a Concelleira de Educación, Laura Villar, mantiveron unha xuntanza na Delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra co Delegado de Educación César Augusto Pérez Ares co fin de analizar as obras de mellora que se van levar a cabo no CPI Pontecesures.

Unha vez recibida a autorización de Patrimonio, o Concello de Pontecesures concedeu licencia de obra para que as melloras se inicien coa maior premura posible, a fin de que na medida en que avancen a bo ritmo as obras por parte da empresa adxudicataria éstas interfiran o menos posible no inicio do novo curso académico.

Tamén se reuniron coa dirección do CPI para coordinar os traballos de mellora nos cales colaborará o personal de obras do concello á hora de organizar o acopio dos materiais das aulas para facilitar os traballos de pintado e pulido das mesmas.

O importe das obras supera os 850.000 € e algunha das obras previstas son a mellora da eficiencia enerxética con substitución de ventás, radiadores, cambio de luminarias etc. así como reparación de aseos, pulido ou cambio dos solos e mellora nas cubertas entre outros.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.