INCIDENCIAS NO SERVIZO DE RECOLLIDA DE R.S.U. (recollida do lixo).

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Vense observando dun xeito continuado que algúns veciños/as están a estacionar os seus vehículos indebidamente a carón dos colectores de lixo, bloqueando o acceso do camión de recollida. Esto supón que algúns colectores queden sen servizo de recollida, así consta en informes que a empresa concesionaria ten remitido ao Concello de Pontecesures. A modo de exemplo, no mes de xullo de 2019, producironse este tipo de incidencias na Praza de Pontevedra, no Camiño á Toxa e e na Rúa do Campo.

Dende o goberno local instamos a tódol@s veciñ@s a estacionar os vehículos correctamente sen bloqluear nen este nen outros servizos.

Así mesmo, no caso de que continúen a producirse este tipo de incidencias, o Concello de Pontecesures impoñerá as medidas coercitivas e sancionadoras que a lei prevé para estas infraccións.  


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.