EXPOSICIÓN CAMIÑO POR MAR EN PONTECESURES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

 O Concello de Pontecesures acolle a exposición itinerante

“O Camiño por Mar”

  • Organizada por Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, a mostra poderá visitarse na Casa da lamprea, na Praza de Abastos, entre as 09:00 e as 13:00 horas da mañá e as 16:00 e as 20:00 da tarde.
  • Esta iniciativa forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

O concello de Pontecesures acollerá do 10 ao 12 de outubro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinación en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Casa da lamprea (na Praza de Abastos) do concello entre as 09:00 e as 13:00 horas da mañá e as 16:00 e as 20:00 horas da tarde. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademais de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda.

Esta mostra itinerante, que continuará a súa andaina por outros concellos galegos, complementa a que, desde o 7 de xuño pode verse no Museo do Mar de Galicia en Vigo onde se está a restaurar o bote, o naomhóg, xa convertido no símbolo do Camiño por Mar e epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a tradición do Camiño por mar, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas.

Unha viaxe en bote dende Dublín ata Santiago de Compostela

No ano 2014 un grupo de amigos irlandeses decidiran construír un bote co que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín a Santiago de Compostela.

A viaxe suporía un recorrido de 2.500 quilómetros por mar, que fixeron de xeito espazado ao longo de tres anos. Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o bote bordeaba as costas españolas para desembarcar finalmente no porto da Coruña. Dende alí, os tripulantes continuaron a peregrinación ata Santiago de Compostela.

A construción do currach ou naomhóg –así se denomina a embarcación– non foi doada. Despois de traballar nela durante varios meses, os catro remeiros puideron comezar as probas de navegación e os seus propios adestramentos para a travesía.

En medio dunha grande expectación mediática, a aventura concluíu con éxito en 2016. Un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer unha ruta pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha levándose por diante a vida de Danny e a embarcación.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.