O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE AGORA (PROGRAMA «TECENDO LAZOS» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Informase ás veciñas e veciños que o Concello de Pontecesures se adheríu ao Programa Tecendo Lazos 2019 da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do que se vai desenvolver no mese de decembro o obradoiro interxeneracional: “O NOSO SON: OBRADOIRO DE BAILES E CANCIÓNS DE SEMPRE E DE AGORA”. Neste obradoiro as familias compartirán  os bailes e as cancións típicas da zona, traéndoas á actualidade.

O obradoiro desenvolverase no mes de decembro de 2019, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Os días 23, 24, 26, 27 e 30 de decembro de 11.00  a 14.00 horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (o luns 30 -de 10.00 a 14.00 horas-).

As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.

Persoas beneficiarias e requisitos:

O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures.

No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).

As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.

As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos non acompañados.

Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.

Documentación:

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)

— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).

— Volante de empadroamento.

Prazo de inscrición:                        Dende o 1 ata 30 de novembro de 2019  incluído

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) ou na web http://www.pontecesures.org

 SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN TECENDO LAZOS 2019 PONTECESURES
 AUTORIZACIÓN 12-17 ANOS TECENDO LAZOS 2019 PONTECESURES

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.