MAXIA EN PONTECESURES: MAGO DEIMI.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

MAXIA EN PONTECESURES: MAGO DEIMI

06NOV2019 ás 19.30 horas na Praza de Abastos

Espectáculo promovido pola Asociación Española Contra o Cancro de Ourense (AECC Ourense) no programa de actividades “Camiño de superación”, enmarcado nunha serie de accións no Camiño de Santiago e subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Convocatoria “O teu Xacobeo” encamiñadas á paulatina recuperación psicosocial e de saúde de persoas que están no proceso de superar o cancro.

O mago Deimi está a acompañar nestas datas a un grupo de persoas desta asociación (50 aprox.) no Camiño Portugués, dende  A Guarda ate Santiago de Compostela,baixo a acción denominada “Unha ruta ao alcance de todas e todos”. O percorrido, nos días 5, 6 e 7 de novembro de 2019, atravesará os municipios de Oia, Soutomaior, Vilaboa, Pontevedra, Pontecesures e Ames, incluíndo visitas de interese cultural, artístico e natural.

O día 6 de novembro a ruta chega a Pontecesures donde pernoctará o grupo. Na Praza de Abastos daraselle a benvida ás persoas que fan o Camiño, este acto incluirá a actuación do mago Deimi e unha mesa redonda de experiencias de 4-5 participantes no Camiño. Esta actividade vai ser aberta ao público xeral, para que a vecindade da zona poida acudir e participar connosco; e tamén para achegar ao resto da poboación unha mensaxe de superación e de concienciación do cancro, á vez que transmitimos á sociedade unha visión esperanzadora na que grazas aos progresos na ciencia, á prevención e aos coidados, cada vez hai un maior número de persoas que curan a enfermidade.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.