Carreira para a recadación de fondos en Pontecesures.

Publicado por Redacción en

Mañá domingo, 12 de xaneiro, o Concello de Pontecesures celebra a súa carreira popular que, na súa 20 edición, vén de introducir, como novidade, o compoñente reivindicativo e un marcado fondo social. A proba servirá, nesta ocasión, para recadar fondos que serán destinados aos dous nenos orfos de nai, tía e avoa tras o asasinato machista acontecido o pasado mes de setembro no municipio de Valga.

Segundo a concelleira de Deportes, Laura Villar, os obxectivos son varios: promover o deporte como hábito de vida saudable; fomentar a igualdade e o respecto, exercer de altofalante na loita contra calquera tipo de violencia, especialmente aquela que afecte ás mulleres polo mero feito de selo e, «sobre todo, neste caso, mostrar a nosa solidariedade e apoio aos orfos».

A inscrición servirá a tal fin, xa que por cada participante inscrito nas probas absolutas, a organización donará un euro.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.