COMEZO DAS OBRAS “ACTUACIÓN DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO DE CARREIRAS”

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Esta semana darán comezo as obras de “Actuación de conservación e restauración do cruceiro de Carreiras”

Esta obra foi adxudicada ó restaurador Xosé María Lomba Martínez por un importe de 6.957,50€ financiando a Deputación de Pontevedra 5.757,71€ a través da Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2019 e os restantes 1.199,79€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.

A obra consiste en recuperar dentro do posible o estado orixinal do cruceiro e sobre todo eliminar elementos que están a provocar danos ou deterioros deste importante ben cultural de Pontecesures. Está obra require a retirada da cruz para o seu tratamento e a posterior colocación.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.