O Concello de Pontecesures habilita un servizo de atención de urxencia para evitar que as persoas en situación de vulnerabilidade teñan que saír dos domicilios e evitar a transmisión do COVID-19.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Como consecuencia das necesarias medidas de prevención e contención do coronavirus COVID-19, e da situación de Emerxencia Sanitaria (Consello da Xunta de Galicia do día 13 de marzo de 2020), desde mañá mesmo estará operativo un sistema de traslado ao domicilio de produtos de primeira necesidade (alimentación, hixiene, medicación) dirixido a persoas vulnerables que vivan soas ou unicamente con outras persoas vulnerables (maiores de 70 anos, persoas con enfermidades crónicas, persoas que teñan ao seu cargo outras persoas que precisen supervisión permanente,…), aos efectos de evitar situacións de risco para estas persoas.

Para solicitar o Servizo (ou para calquera consulta de servizos sociais) deberán chamar de 9 a 12 horas ao teléfono do Servizo Social Comunitario do Concello 986564409 ou aos teléfonos 986557251 986556415, ou remitir un correo electrónico a ssociais@pontecesures.org ou a concello@pontecesures.org.

Lembren respectar en todo momento as indicacións: reducir o contacto social ao mínimo, non achegarse a menos de 1 metro de outras persoas, lavar as mans con auga e xabón varias veces ao día, evitar tocar a cara coas mans, e non saír do domicilio se non é imprescindible. Chamar ao 900400116 se ten tose, febre e sensación de falta de aire.

Agardamos que coa colaboración de todas e todos a situación se normalice canto antes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.