O Concello de Pontecesures fai un chamamento á colaboración social e á solidariedade veciñal para a detección de persoas en situación de vulnerabilidade e con necesidade de atención domiciliaria.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Co obxectivo de previr situacións de  desatención de persoas de especial vulnerabilidade (persoas maiores, persoas con dependencia ou discapacidade, persoas en situación de enfermidade que vivan soas e carezan dunha rede básica persoal e/ou familiar de apoio) PREGAMOS Á CIDADANÍA que  COMUNIQUE A SITUACIÓN  aos Servizos Sociais  Municipais chamando aos teléfonos 986 564 409 ou aos teléfonos 986 557 251 – 986 556 415 de 9 a 14 horas, ou remitir un correo electrónico a ssociais@pontecesures.org ou a concello@pontecesures.org aos efectos de que a traballadora social realice a valoracións social da situación e se articulen os apoios para evitar o agravamento da situación destas persoas.

Como sociedade debemos estar alerta e cooperar para evitar a a aparición de comportamentos sociais irresponsables (saír do domicilio se non é imprescindible polas causas autorizadas), ou actitudes e comportamentos de segregación ou que atenten contra os dereitos ou a dignidade das persoas. Debemos cumprir en todo momento as indicacións: reducir o contacto social ao mínimo, non achegarse a menos de 1 metro a outras persoas, lavar as mans con auga e xabón varias veces ao día, evitar tocar a cara coas mans, e non saír do domicilio se non é imprescindible. Chamar ao 900 400 116 se ten tose, febre e sensación de falta de aire. No caso de ter contraído a enfermidade cumprir estritamente as indicacións para evitar novos contaxios.

Agardamos que coa colaboración de todas e todos a situación se normalice canto antes.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.