PONTECESURES REPARTIU HOXE MASCARILLAS PARA OS/AS MENORES DE 14 ANOS E SEUS PROXENITORES.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Posto que os menores de 14 anos van poder sair 1 h diaria á rúa e acompañados por algún proxenitor, persoal do Concello de Pontecesures procedeu esta mañá ó reparto de mais de 350 mascarillas infantís para todos/as os menores empadroados no concello.

Os nenos/as deberán de saír á rúa coas máximas garantias para non ter riscos de contaxio ou trasmisión. Por eso empregar luvas e mascarillas pode ser unha boa idea.

Ademais dunha mascarilla infantil reutilizable o sobre contiña un diploma personalizado de agradecemento polo esforzo realizado nestas semanas, e tamén 4 mascarillas para adultos, para que estes poidan acompañalos neses paseos diarios.

Sinalar tamén que moitas das cartas quedaron depositadas nos buzóns das casas onde están empadroados eses menores; e que calquera incidencia que ocorrese tras este reparto poderase chamar ó concello a partir deste próximo luns.

Por último dende aquí facemos un chamamento para que a poboacion siga adoptando todo tipo de medidas preventivas na loita contra o COVID-19. Non é hora de confiarse todavia.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.