CAMPAÑA SOLIDARIA «VECIÑO SOLIDARIO»

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures súmase á loita contra o Coronavirus. Nesta ocasión, de man da empresa de organización de eventos deportivos Emesports, dirixida por Ezequiel Mosquera.
A iniciativa, nomeada Veciño Solidario, ten como obxectivo recadar fondos que serán destinados ás diferentes sociacións ou colectivos que cada un dos xa 45 concellos involucrados nesta campaña solidaria decida.
No caso de Pontecesures, coidamos que, neste contexto, a investigación ten un papel clave para sair da situación de pandemia na que nos atopamos.
Desde xeito, a suma total do recadado irá a parar ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela (CIQUS). Máis concretamente, ao grupo de investigación liderado polo profesor José Martínez Costas, que está a traballar no desenvolvemento dunha vacina frente ao COVID19 en base a una nova metodoloxiá que permite resultados en marxes de tempo moi reducidos e a baixo coste e que ven de recibir o respaldo do Instituto de Salud Carlos III.

O proceso para facer a túa doazón é moi rápido e sinxelo; basta con acceder á plataforma no enlace onde atoparás as bases que recollen os termos que rexen a iniciativa así como as instruccións para depositar o teu donativo.

https://eventos.emesports.es/inscripcion/concello-solidario/inscripcion_datos/?lang=es



0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.