NOVAS DOACIONS POR PARTE DE 2 EMPRESAS LOCAIS DE MATERIAL PREVENTIVO Ó CONCELLO DE PONTECESURES

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Nesta semana, o Concello de Pontecesures ven de recibir novas mostras de solidariedade e implicación por parte de empresarios veciños da vila.

Por unha banda, Antonio, Maria e Rosa Fernández Chaves, en representación de INDALDSU, empresa do sector do aluminio que a familia dirixe, fixeron entrega de 1200 pantallas de protección facial dando mostra do seu compromiso co benestar e seguridade de todos os veciños e veciñas deste concello, que tamén é o seu.

Por outra banda, Manuel Troitiño, propietario da empresa de construción IVANCA e veciño de Pontecesures, puxo a disposición desta institución un total de 750 mascarillas infantís destinadas a cativos e cativas de entre 3 e 14 anos.

O material donado será distribuido nos próximos días polo persoal do concello.

O equipo de goberno, como voceiro toda a veciñanza, quere mostrar todo o seu agradecemento polas aportacións recibidas e deixar patente o orgullo que sentimos de contar con veciños e veciñas que representan un modelo de implicación a seguir.

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.