Propostas dos socialistas ceureños pola crise da pandemia.

Publicado por Redacción en

O grupo municipal socialista de Pontecesures ven de rexistrar no concello unha serie de medidas para paliar os efectos da crise provocada polo COVID-Q19:

✅ Incentivos económicos para os establecementos que tiveron que pechar durante o confinamento, ou ben viron moi reducida a súa facturación.
✅ Adquisición de equipos de desinfección portátiles por ozono para a súa utilización en vehículos e instalacións municipais, taxis e negocios locais que así o requerirán.
✅ Suspensión durante un ano da taxa de terrazas, e paralelamente permitir o aumento dos espazos públicos para a súa colocación sen custe adicional.
✅ Creación dunha páxina web con información dos establecementos, así como promover a venda online.
✅ Adquisición de e-bonos para as familias máis desfavorecidas sin acceso a internet.
✅ Campañas de dinamización do comercio e hostelería locais. Pódese contemplar dar a coñecer os seus servizos, ou no caso do comercio, palntexar unha feria de stocks cando se poida levar a cabo.
✅ Dotación a todos os establecementos de xel hidroalcohólico.
✅ Actividades de formación dixital para a poboación.
✅ Incrementar a capacidade da rede wifi.

Consideramos que estas medidas e outras que se puideran levar a cabo, deberían ser discutidas e consensuadas entre as forzas políticas e outros representantes sociais, na procura dun plan que permita sair a Pontecesures canto antes da grave situación económica provocada pola pandemia.

Socialistas de Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.