NOVAS MEDIDAS ANTICOVID EN GALICIA.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

A publicación no DOG de hoxe sábado 18 de xullo dunha Resolucion na que veñen unha serie de medidas a aplicar dentro de Galicia, e válidas dende as 00 h da noite deste sabado para o domingo. Resumimos as mais destacadas:
1.- MANTER DISTANCIA DE SEGURIDADE de polo menos 1,5 metros de distancia ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física con uso de máscara, de hixiene adecuadas e etiqueta respiratoria.


2.- OBRIGATORIEDADE DE USO DA MÁSCARA.Obriga xeral: Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
Tamén para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso de máscara nos medios de transporte aéreo, marítimo, en autobús ou por ferrocarril, así como nos transportes públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor.


3.- CONDICIÓNS Á OBRIGA DE USO DA MÁSCARA. Deberá darse un uso axeitado á máscara, é dicir, esta deberá cubrir desde parte do tabique nasal ata o queixo, incluído. Ademais, a máscara que se debe empregar non deberá estar provista de válvula exhalatoria, agás nos usos profesionais para os cales este tipo de máscara poida estar recomendada.


4.- EXCEPCIÓNS Á OBRIGA DE USO DA MÁSCARA. A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

1º) Cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

2º) Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

3º) Nas praias e piscinas, durante o baño e mentres se permaneza nun espazo deter-minado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes. En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas.

4º) Nos establecementos de hostalaría e restauración, por parte dos clientes do establecemento exclusivamente no momento específico do consumo.

5º) No interior dos cuartos de establecementos de aloxamento turístico e outros espa-zos similares, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no cuarto.

6º) Nos buques e embarcacións de transporte de competencia autonómica, no interior dos camarotes, cando unicamente se atopen neles persoas que se aloxen no camarote.

7º) No caso de exercicio de deporte individual ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva e sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento da distancia de dous metros con outras persoas non conviventes.

8º) No caso de actividade física e deportiva en instalacións e centros deportivos, sem-pre que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal en todo momento, exclusivamente durante a realización das ditas actividades e tendo en conta o protocolo publicado para a dita instalación.

9º) En supostos de forza maior ou situación de necesidade ou cando, pola propia natureza das actividades, o uso da máscara resulte incompatible, conforme as indicacións das autoridades sanitarias.


5.- RECOMENDACIÓN.Nos espazos privados, abertos ou pechados, de uso privado, recoméndase o uso de máscara, no caso de reunións ou de posible confluencia de persoas non conviventes, aín-da que se poida garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.


6.- CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS NA VIA PÚBLICA, parques e prazas públicas e outros lugares de tránsito público.Sen prexuízo das prohibicións específicas que, de ser o caso, recollan as correspondentes ordenanzas municipais, queda expresamente prohibido o consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como “botellón”, polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas e coa au-sencia ou relaxación de medidas de seguridade e de distanciamento persoal.


POR ÚLTIMO, RECÓRDASE Á POBOACIÓN QUE O DESCOÑECEMENTO DA NORMATIVA NON SUPÓN CAUSA XUSTIFICADA PARA EVITAR SANCIÓNS ECONÓMICAS.


PODESE CONSULTAR A PUBLICACIÓN DE HOXE AQUI MÉSMO:

http://www.pontecesures.org/recursos/DOG_18_XULLO(1).pdf


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.