MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures ven de ser seleccionado pola Deputación de Pontevedra como un dos 25 concellos da provincia participantes no programa «Mulleres en acción: Violencia zero».

A acción que se vai levar a cabo consiste na realización dun graffitti-mural no que a artista, Laura Tova, representará a peza «Koré» onde a arte contemporánea torna en axente mobilizador de conciencias en prol da igualdade e o empoderamento feminino.

A presentación da obra será o próximo xoves 6 de agosto ás 11 horas no Castro.

Sementa igualdade + cultiva cultura = Recolle cambio


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.