Infraestruturas da Xunta remata a obra de Pontecesures.

Publicado por Redacción en

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar a execución dunha senda peonil na estrada PO-214 ao seu paso polo concello de Pontecesures. Esta actuación, que supuxo un investimento da Xunta de case 50.000 euros, consistiu na construción dunha senda peonil na marxe dereita desta vía autonómica, entre os puntos quilométricos 0+650 e 0+860. O itinerario, cun ancho de 1,80 metros e elevado 10 centímetros sobre a calzada, dispón de pavimento de formigón reforzado con mallazo, segundo explican. Na parte que linda cos peches das fincas colocouse un bordo de xardín para separar a senda e conter o recheo, a excepción do tramo situado entre os puntos quilométricos 0+757 e 0+860. Entre o bordo que delimita a senda e a propia calzada executouse unha pequena beiravía de formigón.

El Correo Gallego


1 comentario

Beatriz · 19-09-2020 a las 15:36

Unha obra que facia moita falta; porque había que ir pola carretera e e un peligro; agora fai falta pola outra acera; pero a empresa que a fixo na miña opinión tiñao que facer mellor; ( factura por esa obra) quedou mitade da acera pulida e a outra metade sen pulir; ( bastante bravia)e quen leva a supervisión debería protestar ; xa que debería quedar o traballo ben feito.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.