NOVAS SOBRE A RENOVACION AUTOMÁTICA DA TARXETA DE DEMANDANTE DE EMPREGO ATA O 31 DE DECEMBRO DE 2020.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

Co obxectivo de favorecer ás persoas demandantes de emprego e evitar desprazamentos innecesarios, a RENOVACION AUTOMÁTICA da demanda ESTENDERASE ATA O VINDEIRO 31 de DECEMBRO de 2020.

No mesmo senso, Emprego Galicia seguirá a fomentar e ampliar os seus servizos non presencias, a través do Portal de Emprego Galicia (emprego.xunta.gal), a Oficina virtual e a aplicación para teléfonos móbiles Mobem. Se coidas que necesitas apoio no uso das ditas ferramentas, non dubides en solicitar, na túa oficina de emprego ou ao teu persoal orientador, o programa de titorización dixital. Para garantir un adecuado control de aforo e organizar de forma axeitada os servizos á cidadanía, a atención presencial en oficinas de emprego realizarase exclusivamente a través do sistema de cita previa. As citas poderán solicitarse a través do Portal de Emprego Galicia, da Oficina virtual ou da aplicación Mobem. Consulta na nosa canle de Youtube os vídeos informativos sobre estes servizos!: https://www.youtube.com/EmpregoGaliciaTV

Para o caso de necesitar máis información contacta co 012 (981 900 643) ou co teléfono da túa oficina de emprego: (http://emprego.xunta.es/buscador-oficinas).

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.