Os socialistas denuncian a incompetencia do goberno local na compra do vehículo para os vixiantes municipais.

Publicado por Redacción en

Xa van alá caseque dous anos desta nova… Con data 27 de maio deste ano, o concello de Pontecesures inicia, por fin, o “expediente de contratación para a adquisición e adaptación dun vehículo para os vixiantes municipais”, por valor de 25.450 € .Unha compra subvencionada pola Deputacion de Pontevedra con cargo ao Plan de Obras e Servizos do ano…. 2018!Xa pasaron dous anos. Durante este tempo, os vixiantes municipais tiveron que facer o seu traballo en vehículos que non están nin adaptados nin preparados. Vehículos destinados no seu momento a Protección Civil ou ao transporte de persoal, que nin cumplen os requisitos mínimos para o desempeño do seu labor e que incluso menoscaban a súa autoridade. Fai dous anos falabamos da incompetencia do goberno municipal, creemos que sobran os motivos para seguir falando do mesmo, cando necesitan nada menos que DOUS ANOS para sacar adiante esta contratación.

Socialistas de Pontecesures


1 comentario

Caamaño · 11-10-2020 a las 11:36

Este desgobierno nunca ha destacado por una gestión veloz..

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.