O alcalde de Pontecesures agradece a sinalización da rúa Deputación.

Publicado por Redacción en

O pasado mes de agosto solicitaba o Concello de Pontecesures a mellora da sinalización no vial de titularidade provincial denominado Avenida dos Namorados, motivado polos camións de gran tonelaxe que erróneamente levados polo GPS interpretaban esta vía como acceso á factoría da Nestlé, provocando serios inconvenientes na seguridade da vía ao non ser posible facer cambio de sentido para ditos vehículos.
Estes días a Deputación de Pontevedra ten colocado nova sinalización vertical que agardamos que poña fin á problemática que víñamos sufrindo.
Dende o Concello de Pontecesures agradecemos á Deputación de Pontevedra o interese e a celeridade na resolución do problema.

Juan Manuel Vidal Seage


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.