OBRAS REALIZADAS NO CONCELLO FINANCIADAS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

O Concello de Pontecesures ven de rematar as seguintes obras:

  • Melloras nas redes de Saneamento e Abastecemento

A obra consistiu na mellora nas redes de Saneamento e abastecemento en distintas rúas do Concello, en concreto: Avenida de Vigo, Rúa Carlos Maside, Rúa Ullán e Rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”.

A obra foi contratada á empresa Construcciones Caldevergazo S.L. por un importe de 48.791,12€, dos que 45.735,74€  foron financiados a través do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra  e 3.055,38€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.

  • Subministro de Mobiliario para a Praza do Coche de Pedra

Para mellorar non só a imaxe da praza, senón tamén e sobre todo a súa funcionalidade, dotouse de novos bancos, de maiores dimensións, de deseño máis acorde co entorno co uso (coa posibilidade de ser usados non só por un dos lados); de novas papeleiras máis funcionais e estéticas; de aparca – bicicletas que mellore o uso da praza e favoreza a mobilidade non motorizada no centro urbano; e de un punto de recarga de teléfonos móbiles, que tamén favoreza o uso da praza como espazo de estancia e relación.

En concreto, instaláronse tres bancos, dúas papeleiras, tres módulos de aparca – bicicletas, e un punto de recarga.

O subministro do Mobiliario foi contratado á empresa Electricidad y Contratas Edison Galicia SL por un importe de 11.260,26€ financiados a través da reinversión da baixa da obra “Mellora da Eficiencia Enerxética do Alumeado Público” do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.