iViewpoint no Miradoiro do Pino Manso

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES en

http://iviewpoint.eu/es/miradores/22/PINO-MANSO

Coa poda de formación e mantemento no Miradoiro do Pino Manso poñemos, polo momento, remate ás melloras en este entorno tan emblemático do noso pobo. Como novidade incluíuse un panel interactivo adaptado a usuarios con diversidade funcional onde os visitantes e veciños teñen acceso a material gráfico e locucións en castelán, galego e inglés sobre a historia e lugares de Pontecesures.

Para iso, instalouse unha mesa panorámica tecnolóxica accesible no miradoiro onde o visitante pode interpretar, co seu Smartphone, os recursos naturais e patrimoniais máis destacados da contorna, a través de textos e elementos multimedia como fotografías, audios ou vídeos. O sistema permite ao visitante ademáis facer unha navegación dende o miradoiro ata ao recurso que lle interese, compartir información, ver os recursos sobre un mapa.

O Miradoido do Pino Mando douse de alta na rede de miradoiros iViewpoint, proxecto que conta co apoio do Ministerio de Cultura e que ten como obxectivo xeral a creación dunha rede de miradoiros tecnolóxicos musealizados, potenciando a súa promoción a través da Web e as redes sociais mediante experiencias interactivas e inmersivas.


1 comentario

lampreadoulla · 4-03-2021 a las 08:21

INCREIBLE O PINO MANSO MÓVESE, a foto que esta nesa páxina ¨foto360¨ e desde Condide, e a que esta arriba sera se te subes na copa do pino manso e colles un avión.
Paréceme ben promocionar o pino manso pero esto e pasarse.

Responder a lampreadoulla Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.