Apuntamentos do BNG de Pontecesures sobre as restriccións COVID.

Publicado por Redacción en

Agora que parece que empeza a imperar o senso común na aplicación das restricións, facer un par de apuntamentos.

👉🏼 A capacidade de xestión dun alcalde ou dun equipo de goberno queda patente en situacións como as que vivimos estos últimos días. Como é habitual nin o señor Seage nin ningún membro do seu equipo están nin se lle «espera», pese ó feito de gozar os señores Seage e Cordo e a señora Villar das súas respectivas atribucións económicas; razón que debería incentivalos a traballar un pouquiño pola vila.

👉🏼Pero o realmente importante. Agora que temos de novo liberdade de movemento fagamos as cousas ben, respetando os protocolos e normas COVID. Sigamos mercando no COMERCIO LOCAL; temos de todo na nosa vila, apoiemos ós nosos veciños que están facendo un gran esforzo por sacar adiante os seus negocios. Consumamos nos nosos bares e restaurantes, a hostelería é a gran perxudicada de esta situación e na nosa man está que Pontecesures tire para adiante.

BNG de Pontecesures

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.