Valga recibe alimentos para familias sen recursos.

Publicado por Redacción en

Valga recibe alimentos para familias sen recursos

O Concello de Valga vén de recibir sete lotes de alimentos doados polo Show dos Pallasos para a súa distribución entre outras tantas familias do municipio que teñen menores ao seu cargo e que se atopan en situación de vulnerabilidade. Os produtos foron entregados na casa consistorial por Elías Sanmarco, responsable do Show dos Pallasos e promotor desta iniciativa solidaria, á concelleira Carmen Gómez. Os lotes inclúen unha serie de produtos especialmente pensados para edulcorar o Nadal aos máis pequenos. Hai galletas, cacao en polvo, leite condensada, chocolate, marmelada, zume e froita en almíbar. Tamén hai en cada caixa mascarillas de protección ante a covid. Todos os produtos foron aportados pola empresa Indalsu. En total, o Show dos Pallasos repartiu nestas datas de Nadal noventa lotes de alimentos entre os municipios de Valga, Pontecesures e Padrón. No caso de Valga, os lotes serán distribuídos por Servizos Sociais do Concello entre familias sen recursos.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.